O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia.
A súa actividade organízase en torno a catro eixos fundamentais de actuación:
- Servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc).
- I+D+i
- Formación
- Asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector.
O CTC nace con vocación de prestar servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria. Desde que abriu as súas portas no ano 2006, o Centro ten desenvolvido unha actividade moi significativa, como se reflicte nos convenios de colaboración asinados con diversas entidades públicas e privadas, os numerosos proxectos presentados a diferentes convocatorias e a importante oferta formativa coa que conta na actualidade.
O Centro Tecnolóxico da Carne é unha ferramenta de grande utilidade aberta ás empresas agrarias e agroalimentarias do país.
O Centro Tecnolóxico da Carne é unha ferramenta de grande utilidade aberta ás empresas agrarias e agroalimentarias do país.
Equipo humano e Organización.
A Fundación CTC está dirixida por un Padroado e un Protectorado formados por membros da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
O CTC conta cun cadro de persoal altamente cualificado e multidisciplinar, o que permite tanto a posta en marcha de proxectos como a prestación de servizos, o asesoramento ou a oferta de programas formativos á medida das empresas.
O seu equipo humano organízase nas seguintes áreas:
- Xerencia
- Tres Xefaturas de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria.
- Xefatura de Investigación, Tecnoloxía Agronómica.
- Xefatura de Administración e Análise Económica e de Mercados.
- Relacións comerciais-institucionais.
- Oficina de Proxectos
- Planta piloto.
- Área de enxeñería.
- Área económica.
- Área xurídica.
- Área de informática.
- Área de Formación e Transferencia Tecnolóxica.
- Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria [Enlace a Ptgal]



CTC