Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio CTC Novas

Curso de análise sensorial: unha ferramenta para a industria alimentaria

Imprimir

curso_sensorial

O Centro Tecnolóxico da Carne impartirá durante os días 26, 27 e 28 de xuño, o curso “Análise sensorial: unha ferramenta para a industria alimentaria”

As aplicacións da análise sensorial son numerosas, tanto para o desenvolvemento de novos produtos como para o control e mellora da calidade dos existentes. O obxectivo deste curso é dar a coñecer os fundamentos básicos e a aplicación práctica da metodoloxía do análisise sensorial na industria alimentaria.

Data límite de inscrición: 21 de xuño  (16 de junio para os que queiran bonificar o curso por medio da Fundación Tripartita)

 

Presentación do “Manual do Porco Celta”

Imprimir

image_gallery

Santiago, 17 de abril de 2013.- O número de ganderías dedicadas á cría do porco celta en Galicia supera xa o número de 350 e desde o ano 2009 o censo de animais reprodutores medrou nun 9%. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación do “Manual do porco celta”, editado pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, que depende do seu departamento.

Esta obra, que incorpora abundante información sobre diferentes aspectos relacionados con esta raza, a súa cría e as características da súa carne, publicouse en colaboración coa asociación de produtores Asoporcel e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria.

Posta en valor
Rosa Quintana destacou o compromiso da Xunta a prol da posta en valor das nosas razas autóctonas –e moi especialmente do porco celta– que supón “a valorización do máis senlleiro das nosas producións agrogandeiras”.

A conselleira indicou que desde a Xunta se traballa no fomento desta riqueza fundamentalmente a través de catro liñas de traballo: o impulso ao Programa de Recursos Zooxenéticos Autóctonos de Galicia en Perigo de Extinción; as axudas aos produtores; as medidas legais de fomento –entre as que salienta a norma sobre porcino extensivo– e as accións de promoción e apoio á comercialización.

En relación co Programa de Recursos Zooxenéticos, Rosa Quintana indicou que o seu éxito reflíctese pola evolución favorable dos censos destas razas autóctonas.

Decreto
Con respecto ao decreto sobre porcino extensivo, salientou que con el a Xunta creou as condicións necesarias para garantir o correcto desenvolvemento destas producións, impulsando ao tempo o aproveitamento ordenado dos recursos naturais do noso agro.

Engadiu que esta norma parte do feito de que a explotación de porcino en extensivo representa unha clara opción na diversificación da actividade gandeira e dos usos do monte, do que xa se están a dar experiencias positivas por toda Galicia. Unha diversificación que permite aproveitar recursos endóxenos do territorio, caso das landras, castañas, raíces e demais elementos que serven para a alimentación dos animais.

Manual
O manual presentado hoxe é unha obra conxunta de 20 expertos e investigadores do propio Centro Tecnolóxico da Carne, Asoporcel, as universidades de Vigo e Santiago e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Nas súas 286 páxinas, estruturadas en oito capítulos, un epílogo e 2 anexos, incorpora, entre outros aspectos, información sobre a raza; sistemas de produción; características da súa carne, embutidos e outros produtos derivados.

 

Fonte: www.xunta.es

 

Centro Tecnolóxico dá Carne convoca un ciclo de formación de Internacionalización para o sector alimentario transfronteirizo

Imprimir

O proxecto europeo LAN PYMEXPORT, fomenta a internacionalización das pemes agroalimentarias transfronteirizas.


O Centro Tecnolóxico da Carne- CTC, como entidade socia do Proxecto LAN PYMEXPORT, impartirá ao longo dos meses de abril e maio, accións formativas orientadas a servizos avanzados á internacionalización baixo a modalidade presencial e teleformación, que poderán beneficiarse as empresas participantes no proxecto.

Tamén participan neste ciclo formativo o resto das entidades socias do proxecto, ANFACO-CECOPESCA, CEL, BICMINHO impartíndoo nas respectivas zonas xeográficas.

Esta é unha acción cofinanciada por fondos FEDER-UE a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.

 

O Centro Tecnolóxico da Carne abre o prazo de inscrición de cursos de formación bonificada para o sector Agroalimentario

Imprimir

O Centro Tecnolóxico da Carne abre hoxe, 04 de febreiro, o prazo de inscrición para 3 cursos de formación sectorial: Curso de Manipulador de Alimentos; Curso de Benestar Animal en Matadoiros e Curso Vida Comercial dos Alimentos. Estes cursos impartiranse baixo a modalidade presencial nas instalacións do CTC e estímase que se celebren no mes de abril.


As prazas estarán bonificadas pola Fundación Tripartita e a orde de inscrición será o único criterio que se siga no proceso de admisión dos interesados, que terán de prazo ata o 10 de maio para formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario.

 

Formulario de inscrición


Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e no número de teléfono: 988 548 277

 

SEMINARIO DE PRESENTACION E USO DA PLATAFORMA COMERCIAL LAN PYMEXPORT

Imprimir

DSC_0053

Centro Tecnolóxico dá Carne (CTC), acolle hoxe, ás 16.00 horas, o SEMINARIO DE PRESENTACION Y USO DA PLATAFORMA COMERCIAL LAN PYMEXPORT resultado das accións realizadas dentro do proxecto LAN PYMEXPORT: NOVA COMUNIDADE VIRTUAL DE PEME EXPORTADORAS SERVIZOS AVANZADOS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN", en colaboración cos socios ANFACO-CECOPESCA, CEL, BiC MINHO e CITMAD dentro do marco da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007 -2013-POCTEP cofinanciado con fondos FEDER.

O obxectivo do seminario, é dar a coñecer ás empresas participantes a plataforma virtual coas súas respectivas funcionalidades e uso, onde poden mostrar a súa marca e produtos, reforzando unha promoción on line da súa oferta a nivel internacional, así como, localizar e ser localizado por potenciais clientes a través desta aplicación para o peche de operacións comerciais de exportación.

LAN PYMEXPORT é un proxecto promovida por ANFACO-CECOPESCA xunto con CEL, CTC, CITMAD e BIC Minho, que implicará a participación de ata un centenar empresas agroalimentarias situadas na eurorregión, Galicia - Norte de Portugal. Preténdese fomentar a entrada en mercados exteriores a través de fórmulas novidosas de internacionalización, a través da creación de grupos de cooperación e co aproveitamento das TIC para facilitar a entrada en novos nichos de mercado.


 


Páxina 1 de 5