O Laboratorio.
O laboratorio de microbioloxía ten como obxectivos principais o control da calidade e seguridade alimentaria así como a adecuación das materias primas e produtos elaborados á lexislación vixente.
O noso laboratorio de microbioloxía ofrece á comunidade instrumentos para avaliar a calidade sanitaria dos alimentos e garantir a saúde dos consumidores, como factor esencial da industria alimentaria de cara a manter a confianza do cliente. Facilitamos aos investigadores das diferentes áreas da Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría dos Alimentos, a avaliación do impacto das súas investigacións na flora microbiana, e prestamos os nosos servizos para atopar solución a problemas técnicos mediante a realización de estudos e o deseño e execución de proxectos de diversa índole. Podemos realizar a investigación necesaria dirixida ao desenvolvemento de novos e innovadores produtos.
Calidade microbiolóxica en industrias agroalimentarias.
Proponse solucións axeitadas ás necesidades de cada cliente, sabendo como evoluciona a calidade microbiolóxica dos alimentos, destacando:
- Investigación e caracterización de microorganismos.
- Resolución de problemas de contaminación.
- Asesoramento analítico e consultoría profesional especializada.
- Microbioloxía de puntos críticos.
- Determinación da caducidade ou vida comercial dos produtos.
- Control de calidade microbiolóxica en alimentos.
Inactivación de microorganismos.
Poñendo á disposición do público o desenvolvemento de metodoloxías destinadas a aumentar a vida útil dos produtos agroalimentarios, ofrecendo:
- Determinación da capacidade bacteriostática/bactericida de substancias activas.
- Estudo do efecto sobre a carga microbiana dun alimento cando se aplican tratamentos e procesos industriais como os tratamentos térmicos, envasado. atmosferas modificadas e outros procesos alternativos.
Servizos analíticos.
O noso servizo de análise microbiolóxica permite levar o seguimento e a realización dos controis de seguridade alimentaria na materia prima, os procesos de elaboración e o produto rematado tanto de alimentos como de bebidas e de augas, ofrecendo:
- Microorganismos aerobios/anaerobios, esporulados, non psicrótrofos, mesófilos ou termófilos.
- Enterobacteriaceae, Coliformes totais e fecais, Escherichia coli.
- Fungos e lévedos.
- Bacterias acidolácticas.
- Pseudomonas spp.
- Staphylococcus aureus.
- Campylobacter.
- Clostridium sulfitorredutores, Clostridium perfringens.
Investigación de:
- Salmonella spp.
- Listeria monocytogenes.
- Escherichia coli O157.
- Staphylococcus aureus.
Probas de esterilidade comercial.
Equipamento e Tecnoloxías empregadas.
- Microbioloxía clásica
- Sistema automatizado para a detección rápida de patóxenos (MINIVIDAS).
- Sistema de detección rápida de microorganismos en alimentos (TEMPO).
- Sistema de identificación de bacterias e fermentos mediante galerías API.
- Sistema de identificación de bacterias e fermentos por cromatografía gasosa (MIDI).



