|
Formación continua sectorial 2008-2009 |
|
|
Plan de Formación para o Emprego
ASOGACARNE 2008-2009
Na súa actividade dinamizadora, o grupo de Formación e Educación da PTGAL, obtivo os seus primeiros resultados ao desenvolver conxuntamente coa ASOCIACIÓN GALEGA DA CARNE (ASOGACARNE) o primeiro plan de formación sectorial para o emprego, ao abeiro das axudas destinadas á formación continua dos traballadores e traballadoras para o ano 2009, convocadas pola Consellería de Traballo.
Estas accións gratuítas para os participantes, serán eminentemente prácticas e contribuirán a actualización de coñecementos e técnicas para o tratamento, control e aproveitamento da carne. Esta formación beneficiará a competitividade das empresas a través da mellora da producción diferenciada e de calidade e a estabilidade dos traballadores e traballadoras ao actualizar a súa cualificación.

Este plan inclúe catro cursos, un de teleformación e tres a desenvolver nas dependenzas do Centro Tecnolóxico da Carne, entre os meses de marzo e xuño de 2009, os venres e sábados. |