|
“VAC.1 Carne Carne” foi tramitada como etiquetaxe facultativa, o que significa que a carne que se acolle á nova marca cumpre, ademais do convencional,unha serie de características extra que teñen que ver cunha alimentación diferenciada baseada na forraxe, nomeadamente ensilados de millo, e co proceso de envasado. Os produtos amparados pola marca VAC.1 só van aparecer ante o consumidor en formatos envasados, o que aumenta a súa vida útil e asegura todas as súas características físicoquímicas, microbiolóxicas e sensoriais.
O ETIQUETADO
A carne que se comercialice coa Marca, identificarase cos seguintes tipos de etiquetas:
As aplicadas ás canais
As aplicadas ás pezas do despece primario, que saen envasadas das plantas de procesado
As aplicadas ás pezas do despece secundario (porcións cliente), que tamén saen envasadas as salas de despece
As aplicadas as caixas (embalaxes) de pezas certificadas – pola súa banda, contidas dentro dun envase e etiquetadas individualmente- e que poden ser mono - produto ou conter distintos tipos de pezas
|