O panel de cata.
Probar e catar alimentos e bebidas e parte da nosa vida diaria. O consumidor cada día está máis sensibilizado coa cor, aroma, textura e aparencia dos alimentos que come e constantemente está a xulgar o que lle gusta e desgusta.
Polo tanto a industria alimentaria vese na obriga de intentar satisfacer a esixencia de calidade en canto a estes parámetros e necesita coñecer de for, a obxectiva como perciben os consumidores os seus produtos ou os da competencia.
A análise sensorial proporciona información útil para a resolución dunha ampla gama de estudos:
- Especificacións e control de calidade.
- Estudos de vida útil.
- Desenvolvemento de novos produtos.
- Optimización de formulacións.
- Investigación de sabores e olores anómalos no produto.
- Comparación con produtos competidores.
- Estudos de aceptabilidade sensorial e preferencia.
Servizos analíticos.
- Panel de cata: adestramento de panelistas para diversos produtos.
- Probas para avaliar o efecto sobre os consumidores. Ensaios hedónicos ou afectivos.
- Realización de probas de control de calidade dos alimentos, detección de diferenzas:
- Proba triangular.
- Proba de comparación por parellas.
- Proba de ordenación por atributos.
- Probas de avaliación por escalas.
- Caracterización sensorial dos alimentos:
- Probas descritivas simples.
- Probas descritivas cuantitativas e perfís sensoriais.
- Interpretación dos resultados obtidos das probas sensoriais.
Equipamento e Tecnoloxías empregadas.
- Sala de catas deseñada conforme ás esixencias UNE 87-004-97, con capacidade para 10 persoas.
- Cociña equipada para o acondicionamento e preparación de calquera tipo de mostra.
- Sala para adestramento de paneis e reunións de grupo.
- Software específico para o tratamento estadístico dos resultados.
Contacto:
Para ampliar esta información ou facer calquera consulta pode poñerse en contacto co CTC ou na seguinte dirección de correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
|