Área Formación Imprimir

Formación.


A área de formación do CTC desenvólvese a modo de staff incluíndo servizos especializados para a dinamización das empresas, levando a cabo diversas iniciativas, plans, programas e actividades de formación, enmarcadas no ámbito do sector agroalimentario e, especialmente, no cárnico.

Temos coma misión principal propoñer solucións formativas para as necesidades do sector, de cara a contribuía ao seu desenvolvemento, innovación e mantemento, a través da preparación dos recursos humanos.

Por medio do desenrolo, xestión e avaliación de Plans de Oferta e de Demanda, executados directamente ou en colaboración con outras entidades/organizacións públicas e privadas.

Entre as solucións formativas, inclúense produtos de capacitación, perfeccionamento, desenvolvemento, reciclaxe, promoción, reconversión e polivalencia acordes coas necesidades no sector, coa intención de facilitar a competencia profesional, a cualificación e a certificación, nunha perspectiva profesionalizadora que poda contribuír á calidade, á diferenciación, e á competitividade.



A Estratexia.

A nosa estratexia na área formativa permanece basculada en torno ao aproveitamento das sinerxias da investigación que se está a realizar no mesmo Centro, para definir produtos de formación propios, de cara a lograr a transferencia do coñecemento no ámbito produtivo, no contacto coas empresas e outros axentes do sector, a través do Grupo de formación da Ptal, para definir e concretar as necesidades do sector, devolvéndolle aos produtores a cualificación que precisan para innovar procesos e produtos de cara a ser mas competitivos nos mercados.

Para máis información póñase en contacto con:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla