| Investigación e Tecnoloxía agronómica |
|
Breve currículum do responsable da Área de Investigación e Tecnoloxía Agronómica: Lucio García Calvo iniciou a súa vida profesional en 1995 como delegado comercial para a provincia de Ourense da empresa Industrias e aboamentos de Navarra. En 1997 recibe o encargo poñer en funcionamento o Instituto do Campo, organismo dependente da Deputación Provincial de Ourense encargado do asesoramento e transferencia de tecnoloxía aos agricultores e gandeiros da provincia de Ourense, sendo o seu director durante unha década. Dende 2007 é responsable de investigación en tecnoloxía agronómica do CTC, onde se ocupa da vertente agronómica e de campo dos proxectos de investigación así como da transferencia de tecnoloxía do centro, a través dunha rede de campos de ensaios e demostrativos. Durante toda a súa vida profesional estivo relacionado coa formación, posta en marcha e xestión de regadíos en Galiza. |
|||||||||

