| Laboratorio de Físico Química |
|
Breve currículum do responsable do Laboratorio de Físico Química: Durante o periodo de doutorando obtivo amplos coñecementos de extracción sólido-líquido a partires de matrices vexetais, así como de espectroscopía de infravermello cercano (NIR) e cromatografía líquida. Dende o ano 2003 ata o 2005, fixo traballos de investigación coma tecnólogo no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo. Durante este tempo as principais habilidades adquiridas centraronse na xestión de I+D e transferencia de tecnoloxía dende as PYMES. Na etapa do 2005 ata o 2009 traballo no grupo de Calidade de Carne, do Departamento de Producción Animal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, mediante o programa de contratación de doutores INIA-CCAA, acadando experiencia no campo da producción animal, fundamentalmente centrada en bovinos, asi coma aspectos metodolóxicos relacionados ca calidade de carne coma determinación de parámetros de textura, análisis nutritivo (determinacións de perfis lipídico e aminoacidicos de matrices cárnicas, mediante cromatografía liquida e gaseosa (GC-FID y HPLC-FLD)) e sensorial. Dende principios do ano 2009 incorporouse o Centro Tecnoloxico da Carne e da Calidade Alimantaria de Galiza, en calidade de investigador dentro do ambito de tecnoloxia dos alimentos e responsable do laboratorio de Físico-Química do citado centro. |
|||||||||


