Difusión das actividades e outros eventos do CTC 2009-2008 Imprimir

O CTC conta coas instalacións axeitadas para albergar toda clase de eventos que requiran dun espazo e duns medios técnicos específicos:
 
 
  • Salón de actos
  • Sala de xuntas
  • Aulas de formación
Todo isto converte ao noso centro nun marco idóneo para a celebración de conferencias, congresos, xuntanzas científicas e empresariais, cursos, xornadas, mesas redondas...

 
As principais accións desenvolvidas durante o ano 2009 foron:
 
 
  • 12/02/2009: Visita dunha delegación de 10 empresarios cárnicos e titulares de grandes explotacións gandeiras de Sudamérica, principalmente Brasil, co obxecto de coñecer o sector cárnico galego e estudar a posibilidade de exportar a raza “Rubia Galega” a eses países.
  • 02/06/2009: Visita dun grupo de 20 gandeiros, empresarios e funcionarios franceses interesados nas instalacións e servizos que presta o CTC. Despois de asistir a unha presentación do centro, percorreron as nosas instalacións.
  • 01/10/2009: Visita ao Parque Tecnolóxico de Galicia dun grupo de expertos da República Checa, como parte dun programa de promoción organizado polo INORDE. Dividíronse en varios grupos para que cada un visitase un centro do Parque Tecnolóxico. A delegación que visitou as nosas instalacións estaba integrada por 2 funcionarios do goberno checo.
 
  • 09/10/2009: Acto de inauguración do CITI.
 
O salón de actos do Centro Tecnolóxico da Carne acolleu o venres 9 de outubro ás 10.00 horas a inauguración do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI). O acto comezou coas intervencións das autoridades e, posteriormente, ás 11.15 horas procedeuse a realizar unha visita guíada polas instalacións do CITI.
 
Este novo centro, creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, ten como misión potenciar o desenvolvemento da I+D+i nas empresas, mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento dende a Universidade ao tecido empresarial a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos relacionados co ámbito agroalimentario, biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.
 
Asistentes: Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo; Jesús Vázquez, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria; Ricardo Capilla, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria; José Luis Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense e Emilio Atrio, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

 
 
  • 05/11/2009: Visita dunha delegación da Universidade do Porto integrada por representantes do Parque de Ciencia e Tecnologia (UPTEC) e da Facultade de Engenharia (FEUP). Percorreron o Parque Tecnolóxico e, xa no CTC, logo dun percorrido polas nosas instalacións, asistiron a unha presentación sobre os nosos proxectos e servizos.
  • 10/11/2009: Visita dun grupo de gandeiros de Cantabria. Tiveron coñecemento de nós a través da páxina web e querían informarse da nosa oferta de servizos.
 
 
En resumo, atendéronse 5 visitas e albergouse o acto de inauguración do CITI.
 
 
Ademais destas actuacións, o CTC quixo dar o seu apoiou ao sector galego da castaña prestando en repetidas ocasións as súas instalacións para que servisen de marco ás reunións mantidas polas dúas entidades máis representativas deste sector:
 
 
  • Asociación de Productores e Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia, PROAGROSILGA.
  • I.X.P. Castaña de Galicia.
     

Tipo de Evento: "Presentación de VAC.1 na reunión de 2000 gandeiros organizada por Unións Agrarias, en Lugo"

Data da publicación: 16.05.09

Medio: Diario O Progreso de Lugo.

Documento:
Presentación de Avelino Escariz, responsable de Proxectos do CTC da nova distinción de marca VAC.1 [.pdf]
Fotos do día da presentación, en Lugo ó 15.05.09:
Foto da inauguración das conferencias polo alcalde de Lugo D. José L.Orozco [.jpg]
Foto da mesa de relatores [.jpg]
Foto do público gandeiro durante a xornada [.jpg], [.jpg]
Foto da intervención do conselleiro de Medio Rural, D. Samuel Juarez [.jpg]



Tipo de Evento: "Presentación Oficial de VAC.1 en Salón de Alimentación del Atlántico- Salimat"


Data do evento: do 21 o 24 de novembro de 2008

Lugar de celebración: Recinto Ferial de Silleda, Lugo.

Documentos:
Enlace a noticia "Unha marca para o armentío vacún" publicada o 22.12.08 en galicia-hoxe.com
Enlace a noticia "Nace VAC.1" publicada o 01.12.08 en galiciagastronomica.galiciae.com
Invitacións para o acto de presentación (imaxe por cortesía de turismodepontevedra.blogspot.com] [.jpg]
Fotos de presentación de VAC.1: cortesía de 23hp.com [.jpg]
Fotos do stand de VAC.1:
Visión xeral stand [.jpg],
Frontal stand [.jpg]
Sección carne [.jpg]
Detalle stand [.jpg]
Foto premio 1º premio stand VAC.1 [.jpg]

  • As principais accións desenvolvidas durante o ano 2008 foron :
    • Xornada de portas abertas (Encadrada dentro da Semana da Ciencia)
    • Semana da Ciencia (en colaboración coa Tecnópole)
    • Asamblea da Ptgal (30/06/2008)
    • Visita Xóvenes Investigadores (09/06/2008)
    • Mesa Plan Estratéxico da Carne (04/07/2008)
    • I Xornadas Intrernacionais sobre o Castiñeiro ( en colaboración con Medio Rural)
    • Presentación VAC.1 na Semana Verde de Silleda.
    • 3 Cursos FIP de Auxiliar de Industrias Alimentarias (en colaboración coa Fundación Gómez Franqueira)
    • 3 Cursos de manipulador de alimentos
    • 1 Curso de Implantación en Manexo do cultivo da Castaña (FSE)
    • 5 Cursos de Benestar Animal para Transportistas (FEADER)
    • 1 Curso de Benestar Animal para Matadoiros (FEADER)
    • 1 Curso de Trazabilidade na Industria Cárnica
       

 

 
  • As principais accións desenvolvidas durante o ano 2007 foron:
    • Xornadas de Formación Continua na empresa Agroalimentaria
    • 13 Cursos de Benestar Animal para transportistas (FEADER)
    • 17 Cursos de Benestar Animal nas granxas de Avicultura (en colaboración con COREN) (FEADER).
    • 9 Cursos de Benestar Animal nas granxas de porcino (en colaboración con COREN) (FEADER).
    • Curso para matadoiros realizado en Frilea S.L:
    • Xornada de Formación Continua na empresa Agroalimentaria