Laboratorio Microbioloxía Imprimir

O Laboratorio.

O laboratorio de microbioloxía ten como obxectivos principais o control da calidade e seguridade alimentaria así como a adecuación das materias primas e produtos elaborados á lexislación vixente.

O noso laboratorio de microbioloxía ofrece á comunidade instrumentos para avaliar a calidade sanitaria dos alimentos e garantir a saúde dos consumidores, como factor esencial da industria alimentaria de cara a manter a confianza do cliente. Facilitamos aos investigadores das diferentes áreas da Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría dos Alimentos, a avaliación do impacto das súas investigacións na flora microbiana, e prestamos os nosos servizos para atopar solución a problemas técnicos mediante a realización de estudos e o deseño e execución de proxectos de diversa índole. Podemos realizar a investigación necesaria dirixida ao desenvolvemento de novos e innovadores produtos.
As principais actividades de I+D+i desenvolvémolas nos campos:

Calidade microbiolóxica en industrias agroalimentarias.

Proponse solucións axeitadas ás necesidades de cada cliente, sabendo como evoluciona a calidade microbiolóxica dos alimentos, destacando:
  • Investigación e caracterización de microorganismos.
  • Resolución de problemas de contaminación.
  • Asesoramento analítico e consultoría profesional especializada.
  • Microbioloxía de puntos críticos.
  • Determinación da caducidade ou vida comercial dos produtos.
  • Control de calidade microbiolóxica en alimentos.

Inactivación de microorganismos.

Poñendo á disposición do público o desenvolvemento de metodoloxías destinadas a aumentar a vida útil dos produtos agroalimentarios, ofrecendo:
  • Determinación da capacidade bacteriostática/bactericida de substancias activas.
  • Estudo do efecto sobre a carga microbiana dun alimento cando se aplican tratamentos e procesos industriais como os tratamentos térmicos, envasado. atmosferas modificadas e outros procesos alternativos.

Servizos analíticos.

O noso servizo de análise microbiolóxica permite levar o seguimento e a realización dos controis de seguridade alimentaria na materia prima, os procesos de elaboración e o produto rematado tanto de alimentos como de bebidas e de augas, ofrecendo:
Recontos en placa de:
  • Microorganismos aerobios/anaerobios, esporulados, non psicrótrofos, mesófilos ou termófilos.
  • Enterobacteriaceae, Coliformes totais e fecais, Escherichia coli.
  • Fungos e lévedos.
  • Bacterias acidolácticas.
  • Pseudomonas spp.
  • Staphylococcus aureus.
  • Campylobacter.
  • Clostridium sulfitorredutores, Clostridium perfringens.

Investigación de:
  • Salmonella spp.
  • Listeria monocytogenes.
  • Escherichia coli O157.
  • Staphylococcus aureus.

Probas de esterilidade comercial.

Equipamento e Tecnoloxías empregadas.
  • Microbioloxía clásica
  • Sistema automatizado para a detección rápida de patóxenos (MINIVIDAS).
  • Sistema de detección rápida de microorganismos en alimentos (TEMPO).
  • Sistema de identificación de bacterias e fermentos mediante galerías API.
  • Sistema de identificación de bacterias e fermentos por cromatografía gasosa (MIDI).