|
En virtude da Orde 16 de marzo de 2010 da Consellería do Medio Rural, a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne ten dispoñibles as seguintes tres prazas para as bolsas de tecnólogos e persoal de apoio á investigación:
- 1 praza de licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos
- 1 praza de licenciado en ciencias químicas
- 1 praza de titulado de ciclo de grao medio ou superior da familia química
A finalidade destas bolsas é que os recentemente titulados universitarios en especialidades agroforestais, veterinaria e afíns, así como os titulados de formación profesional e alumnos dos ciclos formativos de grao medio ou superior da familia agraria, complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.
A duración das prácticas é de 5 meses e o seu importe económico é de 1.000 € para tecnólogos e 800 € para persoal de apoio.
Os interesados en solicitar estas bolsas de prácticas deberán presentar as respectivas solicitudes perante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (martes, 23 de marzo de 2010).
|
|
|
Esta segunda programación de cursos 2009 no eido agroforestal-agrogandeiro é unha oportunidade para empresarios/as e traballadores/as de aumentar a competencia profesional en prol de facer ao sector máis rico e mais efectivo, como consecuencia de posuír coñecemento actualizado, transferibel e xerador de boas prácticas.
O Centro Tecnolóxico da Carne súmase aos esforzos, de modernización do sector coa programación de cursos presenciais, desglosada nos documentos adxuntos.
realizar a inscrición ou pedir información adicional.
Resumo dos cursos 2º semestre 2009 [pdf] - Programa detallado cursos 2º semestre 2009 [pdf]
Máis información:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
|
|
Leer más...
|
|
|
Xa está dispoñible a información correspondente aos cursos de formación contínua 2009, que cobren unha variedade de temáticas de interese, abarcando desde as técnicas de cata ata a aplicación de novas tecnoloxías de despece ou a previsión de custos de produción.
Nos documentos adxuntos pódense consultar tanto a información xeral dos cursos coma o programa dos mesmos, as competencias profesionais que fornecen, e os datos precisos para realizar a inscrición ou pedir información adicional.
Resumo dos cursos 1º semestre 2009 [pdf] - Programa detallado Cursos 1º semestre 2009 [pdf] |
|
Leer más...
|
|
|
Plan de Formación para o Emprego
ASOGACARNE 2008-2009
Na súa actividade dinamizadora, o grupo de Formación e Educación da PTGAL, obtivo os seus primeiros resultados ao desenvolver conxuntamente coa ASOCIACIÓN GALEGA DA CARNE (ASOGACARNE) o primeiro plan de formación sectorial para o emprego, ao abeiro das axudas destinadas á formación continua dos traballadores e traballadoras para o ano 2009, convocadas pola Consellería de Traballo.
Estas accións gratuítas para os participantes, serán eminentemente prácticas e contribuirán a actualización de coñecementos e técnicas para o tratamento, control e aproveitamento da carne. Esta formación beneficiará a competitividade das empresas a través da mellora da producción diferenciada e de calidade e a estabilidade dos traballadores e traballadoras ao actualizar a súa cualificación.
 |
|
Leer más...
|
|
|