Operadores Imprimir

Os operadores para traballar con VAC.1 Carne Carne deberán superar unha auditoría inicial onde se comprobe a adecuación das instalacións, proceso ou animais aos requirimentos do Regulamento de Uso da Marca. Unha vez superada esta auditoría inicial, realizada por técnicos do Centro Tecnolóxico da Carne así como por técnicos da empresa certificadora externa a VAC.1, poderán acoller as súas producións á Marca.

Os operadores que poderán ser autorizados por VAC.1 son os seguintes.
  • Explotacións gandeiras
  • Matadoiros
  • Plantas de procesado
  • Establecementos de comercio polo miúdo de carnes
  • Establecementos incluídos na canle de servizos
  • Establecementos de elaboración

LOCALIZACIÓN DOS OPERADORES


Os establecementos autorizados onde se vaian sacrificar os animais amparados pola Marca, así como calquera sala de desfeita ou establecemento de elaboración autorizado que pretenda acollerse a este prego de condicións, estarán localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

En canto aos establecementos de comercio polo miúdo de carnes e aos establecementos incluídos na canle de servizos, ningún deles conta con restricións xeográficas para a súa localización.