Presentación da Rede REAL Imprimir

Presentación da Rede REAL

O venres 26 de febreiro celebrarase en Viana do Castelo a presentación da Rede REAL (Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal-Galicia) na que participa a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne. A través desta Rede preténdese potenciar a constitución dunha base tecnolóxica de apoio á transferencia de I+D e á comunicación e difusión de información no sector agroalimentario da Eurorrexión.

Programa da presentación [pdf]

Leer más...
 
Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal-Galicia REAL Imprimir

 

O Proxecto REAL versa sobre a constitución formal dunha rede de cooperación, repartición de medios e transmisión de coñecementos na eurorexión que potencie a constitución dunha base tecnolóxica de apoio, a transferencia do I+D+i, a comunicación e difusión de información e que fomente a innovación no sector agroalimentario da rexión, asumíndose como un forte factor de avance cara a internacionalización. Ten a finalidade de fomentar o desenvolvemento agroalimentario transfronteirizo e situar o sector agroalimentario da eurorexión no contexto internacional.

O Proxecto REAL é cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013.

Localizada no noroeste da Península Ibérica, a euro-región Norte de Portugal - Galicia ten grandes afinidades culturais, sociais e conómicas. No entanto, a localización periférica en relación a Europa e o efecto negativo da fronteira fai con que as dúas rexións estean en relativo aillamento e que os seus indicadores económicos e de benestar estean embaixo dos valores medios da Unión Europea.

O sector alimentario é un dos mais representativos na rexión, pero caracterízase pola dispersión, heteroxeneidade, baixa capacidade de transferencia de coñecemento, fraca competitividade e capacidade de innovación limitada, o que ten a impedir o seu desenvolvemento.

A rede REAL envolverá institucións de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, universidades, empresas e súas asociacións e outras entidades intervenientes no sector, pretendendo constituírse como unha plataforma transfonteiriza para o intecambio de experiencias e comunicación entre os distinos socios e entre estes e tódalas empresas e institucións que, no decorrer do proxetcto, se veñan a integrar na Rede.

Enlace a Rede REAL
Leer más...
 
Grao de Execución REAL. Descrición das actividades desenvolvidas polo CTC no ano 2009. Imprimir

Descrición das actividades desenvolvidas polo CTC no ano 2009 de acordo coas previstas no Memoria do REAL.

A concesión do proxecto foi comunicada formalmente a principios de xaneiro de 2009, celebrándose a primeira reunión dos socios a mediados do mes de Marzo de 2009 e a finais dese mesmo mes a xornada sobre xestión de proxectos de cooperación transfronteiriza para todos os socios que participan neste programa.
No mes de abril comeza a execución do proxecto, desenvolvéndose as seguintes actividades:

Actividade 1
Sub-actividade 1.1- Elaboración do documento visión
Sub-actividade 1.2- Plano da Enquisa
1.2.1- Identificación dos interesados na zona de España
1.2.2- Elaboración da expresión de interese
1.2.3- Envío da Expresión de Interese (mailing-atención telefónica)
1.3.- Redacción e validación do documento estratéxico
1.5.- Estrutura da Rede e Modelo de Xestión ( Estatutos da Rede REAL)
Actividade 2: Catalogo da Rede
Actividade 3
Sub-actividade 3.1- Elaboración do Plan de Comunicación:
Sub-actividade 3.3- Divulgación
3.3.1- Euro-rexión

Leer más...