Requirimentos para os animais Imprimir

PERMANENCIA NAS EXPLOTACIÓNS REXISTRADAS


Os requirimentos que deben cumprir os animais das categorías 1 e 2 é estar inscritos, dende os 3 meses de vida, nos rexistros específicos da Marca pertencentes á explotación/s de cría.

Os animais das categorías 3 e 4 deben cumprir o requirimento dunha estancia mínima de 3 meses na explotación rexistrada onde se estean a criar, tempo que coincidirá co da súa inclusión e permanencia ulterior no rexistro específico.


DIETA ALIMENTICIA

Os animais terán unha dieta alimenticia baseada na forraxe. De feito, establécese un mínimo do 50% da materia seca inxerida ao longo da súa crianza procedente desa fonte nutritiva. No caso dos animais das categorías 1 e 2 este demarca até o sacrificio. No caso dos animais das categorías 3 e 4, esa esixencia afectará –como mínimo- aos seus tres últimos meses de vida (acabado).

Esa alimentación é un aspecto fundamental, que se recollerá como mención facultativa no etiquetado da carne; indicando unha maneira máis sustentábel de produción animal, que implica unha importante mobilización de terra agraria.