|
.png)
A Ptgal, Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria, defínese como o punto de encontro da I+D+i do sector agroalimentario galego e seu obxectivo é o fomento das sinerxias entre os diferentes actores que o integran. Esta plataforma conta co apoio da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, e nela participan máis dun cento de empresas e os principais grupos de investigación de centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades.
O CTC alberga a sede da Ptgal e a secretaría técnica agrogandeira.
|