Transferencia tecnolóxica Imprimir

O CTC dalle a máxima importancia á transferencia tecnolóxica ao sector. Para isto está creando unha rede de fincas e instalacións gandeiras co obxectivo de, mediante ensaios e demostracións, realizar a transferencia tanto de novas técnicas de cultivo como de manexo de animais a agricultores e gandeiros.

Tamén conta co apoio da planta piloto onde se realizarán demostracións de novedades tanto en produtos coma en procesos.
 


             As accións de transferencia tecnolóxica previstas para a campaña 2010 son as seguintes:

  • Ensaio de alternativas de cultivo na Limia (3º ano) e xeración dun mapa dos principais elementos fertilizantes e de augas de rego e superficiais
  • Ensaio de sarna común en pataca
  • Ensaio de abonado localizado en trigo de primavera e de variedades panificables
  • Ensaio de posta a punta de produtos cárnicos semielaborados con tenreira empregando sistemas de pasteurizado e envasado “sous-vide”
  • Ensaio comparativo dos sistemas de conxelación de carne fresca. tipificación para os establecementos polo miúdo vs consumo caseiro e estudo da calidade
  • Ensaio de campo demostrativo de produción de horta en dúas bisbarras ourensás
  • Ensaio do manexo do nitróxeno e a potasa no cultivo de pataca
  • Campo demostrativo de variedades de millo e de cultivo asociado millo-soia e millo-xirasol para a realización de silo
  • Ensaio de influencia da variedade e o uso de antioxidantes naturais no procesado de pataca
  • Ensaio de tratamentos con calcio y de emprego de fitoreguladores na conservación en cámara do kiwi
  • Ensaio de novos cultivos aptos para producir alimentos funcionais
  • Ensaio de cinco variedades de oliva, caracterización da produción, froito e aceite
  • Mellora da vida útil da carne de porco celta envasada en atmosfera modificada
  • Posta a punto de proceso de elaboración do chourizo de pato
  • Posta a punto de proceso de elaboración do salchichón de poldro
  • Ensaio da aceptabilidade sensorial da carne de razas autóctonas en perigo de extinción: bovino e ovino


  • As accións de transferencia tecnolóxica previstas para a campaña 2009 son as seguintes:

  • Ensaio de densidades de sementeira en pataca e sementeria con tubérculo enteiro ou partido.
  • Estudio de despezamento, fomatos comerciais e pratos preparados con carne de poldros .
  • Ensaio de distintas presentacións de grelos: frescos, envasados, pasteurizados e esterilizados.
  • Ensaio de distintos laboreos en pataca.
  • Ensaio de ensilado de pataca de destrio con palla e millo.
  • Ensaio de transformación dunha explotación gandeira libre a unha explotación gandeira extensiva en gando cabalar (poldros).
  • Ensaio de tratamento postcolleita para eliminación de insectos en castaña.
  • Ensaio de utilización de produtos empregados para a destrución química de vexetación e de antixerminantes en pataca.
  • Estudo da conservación e tratamento de pataca Agria para subministrar a unha fábrica de elaboración de tortilla de pataca.
  • Estudo da fertilización dentro de dúas alternativas de cultivo na Limia (2º ano).
  • Estudo da producción de froitos de Sabugueiro e da elaboración e conservación dunha marmelada a partir dos mesmos.
  • Estudo do cultivo de plantas aromáticas en ecolóxico e convencional e determinación dos parámetros idóneos de deshidratación en secadeiro.


             As accións de transferencia tecnolóxica previstas para a campaña 2008 son as seguintes:

 
  • Ensaio sobre a interacción virus Y – Nitroxeno.

  • Nova estratexia de producción de cereais de calidade na comarca da Limia.

  • Estudio sobre fertilización dentro de dúas alternativas de cultivo na Limia.

  • Ensaio de variedades de pataca de carne branca.

  • Determinación das características edafolóxicas axeitadas para a produción de pataca apta para lavar e as súas condicións de almacenaxe.

  • Xornada de Portas abertas e presentación do Centro Tecnolóxico da Carne.

  • Publicación: “Normas técnicas para a obtención de pataca de calidade”.