|

VAC.1 é unha marca de garantía de calidade da carne promovida pola Consellaría do Medio Rural e consensuada cos axentes do sector na Mesa da Carne. Hai máis dun ano que comezou o proceso que culmina no nacemento de VAC.1. Un proceso liderado polo Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), que posúe e xestiona a nova marca, detentando o órgano de control e a custodia dos diferentes rexistros aos que terán que adscribirse as explotacións gandeiras, os matadoiros e as prantas de procesado que desexen traballar con VAC.1 e cumpran as condicións precisas.
No sector cárnico, Galiza é sinónimo de calidade. A carne do país está moi ben percibida na península ibérica e o sector viña advertindo un oco no mercado que a industria e a propiedade da marca deciden ocupar dende a coperación e o esforzo colectivo. Deste consenso nace a nova marca, que se decide que sexa colectiva para permitir que as empresas dos sector conserven a súa propia marca e, con ela, os seus espazos para a competencia.
A nova marca galega de calidade da carne suporá, ademais, a mobilización de recursos, ao crear unha economía ao redor desta actividade. Casas de sementes, piensos, gandeiros, industria e envasado poden aproveitarse do traballo e do valor que se xenere ao redor do nacemento de VAC.1.
|