| Plan Estratéxico Director da Transformación da Carne en Galiza |
|
O Plan Estratéxico Director da transformación da Carne de Galiza desenvolveuse por iniciativa da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e levouse a cabo polo Equipo de investigación G4+ a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo en xanerio de 2008. O obxectivo fundamental deste Plan Estratéxico Director é establecer a partir da análise, diagnóstico e factores clave, o deseño de Programas de Actuacións Estratéxicas para o desenvolvemento competitivo da industria da transformación da carne en Galiza. O presente proxecto céntrase nas diversas tipoloxías da carne: vacún, avícola, porcino, ovino, caprino, cunícola e equino, fundamentalmente, e contemplando as actividades de produción e comercialización dende a perspectiva da industria transformadora.
O Plan Estratéxico ten como obxetivo fundamental establecer, a partir da análise, diagnóstico e factores clave, a obtención dos Programas Estratéxicos de Actuacións que favorezan o desenvolvemento competitivo da industria de transformación da carne e que sirvan de orientación ás iniciativas empresariais e ás políticas públicas. A realización do Plan fai especial referencia ás relacións augas arriba con explotacións gandeiras e augas abaixo coa distribución para orientar as iniciativas empresariais cara a conseguir un mellor posicionamento competitivo nun contorno globalizado.Tamén se contempla como obxectivo a contribución ao desenvolvemento de actividades empresariais xeradoras de máis valor engadido, unha mellor integración da cadea de transformación da carne, e unha maior xeración de emprego e riqueza no rural de Galiza. En definitiva, búscase a creación e aproveitamento de sinerxías entre empresas transformadoras, explotacións gandeiras e administracións públicas. O alcance do proxecto céntrase nas diversas actividades de transformación da carne (matadoiros, salas de despezamento, elaboración de salgaduras, embutidos, ...) tendo en conta os diversos tipos de carne preocesados pola industria e contemplando ás actividades de producción e comercialización dende a perspectiva da industria transformadora. No ámbito externo analizáronse aqueles aspectos do Contorno Xeral de amior incidencia nas actividades de produción, transformación e comercialización da carne (aspectos económicos xerais, aspectos socioculturais, aspectos sobre innovación e tecnoloxía e aspectos do universo público). Para a análise de posicionamento, realizaouse un estudo comparativo (benchmarking) coas principais zonas de referencia considerando como marco xeográfico fundamentalmente Galiza e Norte de Portugal, outras comunidades autónomas de España (Cataluña, Andalucía e Castela e León), a Unión Europea e outras zonas relevantes do mundo, no seu caso. Con respecto ao ámbito interno o proxecto controuse nas actividades de carácter empresarial da carne (sistema de dirección e cultura empresarial, estrutura e dimensión, producto, mercado e competencia, recursos humanos, tecnolóxicos e conómico-financieros, entre outros), tendo presente as diferentes dimensións empresariais existentes, polo seu potencial de transformación e contribución no desenvolvemento integral. Incluíuse, tameń, unha aproximación ao Capital Intelectual, co obxecto de profundar nos aspectos intanxibles, especialmente relevantes nestas actividades.
No Centro Tecnolóxico da Carne está dispoñible o informe final completo do proxecrto, que contén información ampliada sobre algúns aspectos do traballo desenvolvido. |