| Artigo científico "La opinión de los agricultores gallegos sobre sus condiciones de vida" |
|
Título: "La opinión de los agricultores gallegos sobre sus condiciones de vida, el desarrollo rural en Galicia." Autor/es: Avelino Escariz, Carlos José Álvarez, David Miranda. Data publicación: 01.12.05 Medio da publicación: Recursos Rurais, revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. Na conferencia sobre Desenvolvemento Rural de Salsburgo en 2003, recoñecíase a diversidade de Europa en canto ás súas paisaxes, os seus sistemas de produción, así como á súa capacidade de reter e atraer poboación. É neste punto onde realizamos a nosa contribución, para que o feito de pertencer a un núcleo rural non supoña unha depreciación da calidade de vida e do benestar. Xorde así a necesidade de avaliación, non só das necesidades da poboación rural senón da valoración do benestar rural, entendido o termo como complexo e de difícil valoración.
Por outra parte, a Unión Europea sinala que o desenvolvemento rural se basea en mellorar a calidade de vida, intervindo na calidade ambiental, o nivel de renda e as condicións de vida e traballo. A avaliación da calidade de vida, pódese acometer mediante a creación dun marco conceptual de cálculo, onde se reflictan conxuntamente as distintas variables que interveñen na análise, mediante a creación dunha batería de indicadores multivariable. Nesta aproximación ao coñecemento da calidade de vida realizouse unha diferenciación espacial en 22 bisbarras de Galicia, tomando como base o concepto do benestar rural e a opinión dos agricultores. Documento nº 1: Escariz, A. · Miranda,D. · Álvarez, C.J., (2005). La opinión de los agricultores gallegos sobre sus condiciones de vida, el desarrollo rural en Galicia. Recursos Rurais (Vol1 nº1: 1-8) [.pdf] |