| Artigo científico "Zonificación y metodología para la delimintación de comarcas vitícolas" |
|
Título: "Zonificación y metodología para la delimintación de comarcas vitícolas. Aplicación a la ampliación de vino de la Tierra de Betanzos." Autor/es: Avelino Escariz, J. Blanco, David Miranda, Rafael Crecente. Evento: XI Congreso Internacional de Enxeniería de Proxectos Data de celebración: 26-28.09.07 Medio da publicación: Servicio de publicacións do XI Congreso Internacional de Enxeñería de Proxectos. Tradicionalmente na ampliación de bisbarras vitícolas en Galicia non se englobaron todos os axentes relacionados nunha mesma metodoloxía, nin utilizado como ferramenta de traballo os Sistemas de Información Xeográfica (S.I.G.). No presente artigo, lévase a cabo unha exposición da metodoloxía usada na ampliación de Viño da Terra de Betanzos. O estudo nace como resultado dun proceso de participación pública entre os axentes implicados no sector vitivinícola da bisbarra. Tras o exame previo dos condicionantes, utilizamos os SIG como ferramenta principal para a análise da información cartográfica e alfanumérica, determinando desta forma as zonas máis aptas para o cultivo e considerando as limitacións sobre o uso do chan, pendentes, clima, altitudes...de os municipios limítrofes, conformando unha estrutura metodolóxica aplicable a outras bisbarras e/ou cultivos. Mentres que as antigas bisbarras vitícolas, tiveron moitos anos para dominar o cultivo, é nas rexións tradicionais potencialmente aptas, onde se debe fixar as 857 condicións para determinar o éxito das novas plantacións. Ademais, a ferramenta SIG, permite ás administracións a xestión dos viticultores e bodegueiros, ao incorporar datos das parcelas, conformando unha estrutura de control sobre a uva para a súa posterior transformación en viño de calidade. O resultado do traballo realizado supuxo, a aceptación por parte dos viticultores e a adopción por parte da Administración Autonómica da zona proposta co método desenvolvido como demarcación xeográfica de Viño da Terra de Betanzos. Documento nº 1: Escariz(p), A.; Blanco, J.; Miranda, D.; Crecente, R., (2007). Zonificación y metodología para la delimintación de comarcas vitícolas. Aplicación a la ampliación de vino de la Tierra de Betanzos. XI Congreso Internacional de Ingenieria de Proyectos (857-871) [.pdf] |