Convenios

ANO 2009

 

Título

Convenio de regulación da relación entre o Centro de I Mas D Mas I Alimentario S.L. e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Centro de I Mas D Mas I Alimentario, S.L.

Obxecto do convenio

Desenvolver conxuntamente estudos sobre produtos de IV e V gama.

Data da sinatura

09/01/09

Vixencia

3 anos dende a sinatura (do 9/1/2009 ata o 9/1/2012), prorrogándose automáticamente

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio específico de colaboración regulador do uso das instalacións do CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación)

Entidade colaboradora

Universidade de Vigo

Obxecto do convenio

Regular o réxime de uso do CACTI, así como establecer as condicións nas que se ten que desenvolver o seu funcionamento

Data da sinatura

25/02/09

Vixencia

1 ano dende a sinatura (do 25/2/2009 ata o 25/2/2010), prorrogándose automáticamente por igual período de tempo

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo

Entidade colaboradora

I.E.S. Julio Prieto Nespereira

Obxecto do convenio

Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo, de acordo coa normativa vixente emitida pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para o curso escolar 2008/2009, por parte do alumnado de formación profesional específica

Data da sinatura

31/03/09

Vixencia

O período de realización das prácticas foi dende o 14/4/2009 ata o 30/6/2009

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio de colaboración entre o Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Vigo para a realización da análise estratéxica das actividades empresariais agroalimentarias en Galicia a partir de datos cuantitativos

Entidade colaboradora

Universidade de Vigo

Obxecto do convenio

Regulación das bases de colaboración entre a Universidade de Vigo e o CTC para a elaboración do estudo: “Análise estratéxica das actividades empresariais agroalimentarias en Galicia a partir de datos cuantitativos”

Data da sinatura

13/04/09

Vixencia

Dende o 13/4/2009 ata o 31/5/2009 (data límite de entrega do traballo)

Achega económica

13.920 € (IVE incluído)

 

 

Título

Convenio específico de colaboración entra a Universidade de Vigo e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Universidade de Vigo

Obxecto do convenio

Colaboración entra a Uvigo e a Fundación CTC para a dinamización dos grupos de traballo da Ptgal, incluída a promoción, análise de viabilidade, procura de socios e articulación de proxectos colaborativos de I+D+i

Data da sinatura

26/11/09

Vixencia

Dende o 13/4/2009 ata o 31/5/2009 (data límite de entrega do traballo)

Achega económica

59.300 € (IVE incluído)


ANO 2008

Título

Convenio de Colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Universidade de Vigo

Obxecto do convenio

Regulación dun programa de prácticas preprofesionais para complementar a formación dos/as estudantes universitarios/as en áreas operativas da empresa

Data da sinatura

01/01/08

Vixencia

1 ano dende a sinatura (do 1/1/2008 ata o 1/1/2009), prorrogándose automáticamente por igual período de tempo

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio de regulación da relación entre Sognus S.L. e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Sognus, S.L.

Obxecto do convenio

Regular a colaboración entre ámbalas dúas partes, de xeito que o CTC apoia e promove a empresa Sognus e ésta encárgase do mantemento informático do CTC

Data da sinatura

14/07/08

Vixencia

3 anos dende a sinatura (do 14/7/2008 ata o 14/7/2011), prorrogándose automáticamente

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio marco de colaboración entre a Asociación Gallega de la Carne (ASOGACARNE) e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Asociación Gallega de la Carne (ASOGACARNE)

Obxecto do convenio

Realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan, entre as cales, en forma enunciativa pero non limitada, menciónanse as seguintes: desenvolvemento de proxectos de investigación, apoio a investigadores e empresarios do sector, apoio e realización de todo tipo de actividades de formación, culturais e divulgativas, etc.

Data da sinatura

01/10/08

Vixencia

1 ano dende a sinatura (do 1/10/2008 ata o 1/10/2009), prorrogándose automáticamente por igual período de tempo

Achega económica

Sen achega económica

 

Título

Convenio de colaboración entre SEAGA e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

Entidade colaboradora

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA)

Obxecto do convenio

Realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan, entre as cales, en forma enunciativa pero non limitada, menciónanse as seguintes: desenvolvemento de proxectos, apoio a investigadores, organización e realización de todo tipo de actividades de formación, culturais e divulgativas, intercambio de publicacións e traballos de investigación, recollida de augas en pozos, etc.

Data da sinatura

02/12/08

Vixencia

1 ano dende a sinatura (do 2/12/2008 ata o 2/12/2009), prorrogándose automáticamente por igual período de tempo

Achega económica

Sen achega económica