I+D+i

O Centro Tecnolóxico da Carne e xoga un papel fundamental no impulso do I+D+i e na transferencia de tecnoloxía dentro do sector agroalimentario, facilitando a implantación dunha cultura innovadora en tódolos ámbitos.

O noso centro brinda ás empresas deste sector a colaboración e os apoios necesarios para gañar en competitividade, pondo ó seu dispor toda a potencialidade dos seus recursos humanos e técnicos. Para isto, o CTC ten en marcha unha variedade de iniciativas de investigación, que van desde proxectos propios, outros con empresas, e noutros prestando servizos tecnolóxicos externos.

O CTC dalle a máxima importancia á transferencia de tecnoloxía. Para isto dispón dunha rede de fincas de ensaio, así como dunha planta piloto, onde realizar ensaios e demostracións.