Centro Tecnolóxico da Carne

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Inicio Servizos Planta piloto

Planta piloto

Imprimir

A importante actividade levada a cabo estes últimos anos dende a nosa Planta piloto está ligada a diversas liñas de investigación, algunhas delas relacionadas con proxectos de I+D+i e outras con convenios de colaboración co sector da restauración, destacando no coñecemento da elaboración de patés e embutidos, pratos preparados (IV e V gama), pasteurizados, abatementos con nitróxeno líquido, etc.

A información xerada pode ser aplicada polas empresas no deseño e optimización das súas cadeas de produción e na obtención de produtos con maior valor agregado, reducindo o risco asociado á construción de plantas a gran escala e facilitando o lanzamento de produtos novos ou modificados.

Servizos da planta piloto.

Os servizos máis importantes que presta a planta piloto son:
  • Servizos orientados a produtos (alimentos de IV e V gama, sistemas de envasado...)
  • Servizos orientados a tecnoloxías (ensaio de novas técnicas de produción, novas tecnoloxías aplicadas aos procesos transformadores...)
  • Control de procesos produtivos.

Equipamento e Tecnoloxías empregadas.

As instalacións da planta piloto poden agruparse en tres zonas:
  • Sala de despezamento: recepción de materias primas, racionalización das partes da canal, envasado ao baleiro ou en atmosferas modificadas.
  • Sala de elaborados: amasadora, inxectadora, hamburgueseira, embutidora, cutter, etc.
  • Sala de pratos preparados: produtos de IV e V gama.