“Aforro na auga de rega e outros insumos mediante novas tecnoloxías” (FEADER 2022/008A)
Entidades participantes:
COMUNIDADE DE REGANTES ANTIOQUÍA, FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE, ROBERTO SANTANA OTERO e ANTONIO LOUREIRO PARADA.
Duración:
2022 – 2024.
Financiamento:
Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.
Orzamento:
87.680,29 €. Subvencionado ao 80% e financiada cun 75% con fondos FEADER, 22,5 % fondos propios da Xunta de Galicia e 2,5 % fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
Convocatoria:
Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR331A). (DOG nº 18, do 27 de xaneiro do 2022).
O obxectivo principal do proxecto é aplicar tecnoloxías emerxentes e dar paso á dixitalización na xestión das comunidades de regadores aplicando novas tecnoloxías de detección e control que permitan racionalizar o gasto de auga e sexan a base da agricultura personalizada a nivel parcela para optimizar a toma de decisións presentes e futuras.
Obxectivos secundarios son os seguintes: xestión remota de hidrantes para controlar consumos e perdas na rede de distribución de auga; regas racionais en base a datos proporcionados por humectómetros; detección precoz e rede de avisos de condicións meteorolóxicas que dan paso a enfermidades ou pragas en cultivos; creación dun histórico de datos a nivel parcela para futuras decisións.