[vc_row full_width=”stretch_row” full_height=”yes” equal_height=”yes” content_placement=”top” wrap_container=”yes”][vc_column width=”1/4″][ultimate_spacer height=”20″][vc_wp_custommenu nav_menu=”17″][/vc_column][vc_column width=”3/4″][ultimate_spacer height=”20″][ultimate_heading main_heading=”I+D+i” main_heading_style=”font-weight:bold;” main_heading_line_height=”desktop:27px;” margin_design_tab_text=””][/ultimate_heading][ultimate_spacer height=”20″][vc_row_inner][vc_column_inner][vc_column_text]Os servizos de I+D+i que presta a Fundación permiten ás empresas responder á necesidade continua e cada vez máis acelerada de evolución tecnolóxica, adaptándose con flexibilidade a un entorno en rápida transformación.
A investigación, o desenvolvemento e a innovación son aspectos que, malia seren indispensables para o bo funcionamento individual e xeral da economía, requiren grandes esforzos que moitas veces non poden afrontarse illadamente.
As instalacións, a tecnoloxía e a elevada cualificación do equipo humano da Fundación convértena nun socio estratéxico das empresas agrarias e agroalimentarias para a coordinación e execución dos seus proxectos e a resposta aos seus requirimentos, constituíndose nunha ferramenta de competitividade ao servizo do sector agroalimentario de Galicia.
Os servizos que o CTC ofrece nesta área abarcan todas as fases dun proxecto de investigación, como son:
- Proposta e definición de proxectos
- Busca de financiamento
- Coordinación, seguimento e avaliación de proxectos
- Xustificación económica e administrativa
- Apoio na desgravación fiscal por gastos en I+D
- Explotación de resultados da I+D
- Proxectos “chave en man”
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row]

