| Presentación do CTC |
|
|
O Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia.
O CTC nace con vocación de prestar servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria. Desde que abriu as súas portas no ano 2006, o Centro ten desenvolvido unha actividade moi significativa, como se reflicte nos convenios de colaboración asinados con diversas entidades públicas e privadas, os numerosos proxectos presentados a diferentes convocatorias e a importante oferta formativa coa que conta na actualidade.
O Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria é unha ferramenta de grande utilidade aberta ás empresas agrarias e agroalimentarias do país. Equipo humano e Organización. A Fundación CTC está dirixida por un Padroado e un Protectorado formados por membros da Consellería do Medio Rural e da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
|

