Xornada Horizonte Agro 2026 Innovación no territorio
XORNADA HORIZONTE AGRO 2026 INNOVACIÓN NO TERRITORIO
Centro Tecnolóxico da Carne, xoves 28 de maio de 2026, 10-13 horas
(San Cibrao das Viñas, Ourense)
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne celebrou, o pasado día 28 de maio de 2026, a xornada técnica presencial e online titulada “HORIZONTE AGRO 2026, Innovación no territorio”.
Tratouse dun encontro para presentar os resultados provisionais de cinco grupos operativos centrados no desenvolvemento de novos produtos con base en materias primas galegas, que comezaron os seus traballos 4 no ano 2023 e 1 no 2024.
Os grupos operativos que presentaron os resultados foron:
- GOTRISA EUROPA
- SUEROVAL
- BUEYLOÑESA
- GUIPROGAL
- ECOPROVEG
Nestes cinco grupos operativos o papel do Centro Tecnolóxico da Carne é de ser o axente de innovación involucrado tecnicamente e integrado nos grupos operativos, como centro de coñecemento para desenvolver os novos produtos.
A xornada consistiu nunha exposición de resultados dos proxectos de investigación e desenvolvemento, para finalizar cunha cata e degustación dunha selección dos produtos desenvolvidos.
Este evento foi a oportunidade para descubrir como a I+D+i aplicada contribúe ao desenvolvemento de novos produtos, á diferenciación do sector e á posta en valor dos recursos do territorio.
Os proxectos están financiados polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (EIP-Agri), do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) nun 80%, pola Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria -AGACAL) nun 14% e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%.
Orzamentos (financiamento 100%):
- Gotrisa Europa 160.055,82 €
- Sueroval 179.340,00 €
- Bueyloñesa 175.800,00 €
- Guiprogal 139.556,94 €
- Ecoproveg 90.240,00 €


