Instrucións e configuración

Instrucións e configuración

Instrucións

Datos da conexión

SSID: eduroam
Autenticación de rede: 802.1X (EAP-TTLS)
Cifrado: WPA + TKIP

Servizos Mínimos

Os servizos mínimos dispoñibles serán:

  • Servizo IP Público – Asignación dunha dirección IP pública a cada usuario desplazado (roamed)
  • Acceso a servizos de mensaxería instantánea, comunmente MSN e Skype
  • Servizos da Rede – Acceso a Internet ós siguientes servizos da rede
    • FTP (portos 20 e 21)
    • HTTP (porto 80)
    • HTTPS (porto 443)
    • IMAP (porto 143)
    • IMAP-SSL (porto 993)
    • POP3 (porto 110)
    • POP3-SSL (porto 995)
    • SMTP e SMTP AUTH (porto 25)
    • SSH (porto 22)
    • SMTPS (porto 465)
    • OpenVPN (porto 1194)
    • PPTP (porto 1723)

Requisitos

Tarxetas cliente

As tarxetas clientes deben soportar WPA e TKIP.

Windows XP

Ademais do cliente para redes inalámbricas de Windows iniciado (Configuración inalámbrica rápida), é necesaria a instalación do software SecureW2

Windows XP Service Pack 1

En Windows XP con SP1 débense instalar os parches de Microsoft Q815485 e KB826942:

Windows XP Service Pack 2

Non é necesario instalar ningún parche adicional.

Instalación de Secure W2 3.0

A instalación de Secure W2 é moi sinxela, só hai que facer dobre click sobre o arquivo obtido. Unha vez instalado, pediranos que se reinicie o equipo.
Despois imos ás “Conexións da Rede” de Windows, pinchamos co botón dereito sobre a tarxeta de rede inalámbrica e seleccionamos “Propiedades”.
Seleccionamos dentro das opcións de configuración do interfaz inalámbrico a usar a pestana “Redes inalámbricas”.
A veces esta pode desaparecer en Windows XP, para que volva aparecer seleccionamos o interfaz e indicamos “Reparar esta conexión”.

Seleccionar a rede inalámbrica (SSID)

Seleccionar a rede inalámbrica a usar, se hai outras será necesario quitalas e engadir esta con SSID “eduroam”, que será o nome desta rede.
instrucciones_instalacion_002

 Indicar tipo de cifrado

Seleccionar para a rede escollida (eduroam) “Propiedades”, pulsando o botón correspondente.
Seleccionar cifrado con WPA e TKIP (RC4).
instrucciones_instalacion_003

Indicar a autentificación a usar

instrucciones_instalacion_004

Seleccionar como tipo de EAP Secure W2 e pulsar “Propiedades”, esto abre a ventá de configuración de Secure W2.

Seleccionar perfil en Secure W2

Seleccionar dentro deste o perfil a usar, se ten un creado por defecto, “DEFAULT”, aínda que pódense crear outros.
Seleccionar un perfil (usaremos “DEFAULT”) e configurar pulsando “Configure”

instrucciones_instalacion_005

Indicar identidade externa

Como identidade externa pódese especificar “anonymous”, se se van ter varios usuarios, ou indicar de forma expresa a mesma que se usa dentro do túnel.

instrucciones_instalacion_006

Indicar mecanismo de autentificación dentro do túnel

Dependendo da Universidade a que nos queramos conectar, haberá que empregar un mecanismo ou outro (PAP ou EAP). No caso de usuarios internos do CTC que queiran utilizar esta rede como rede wifi segura, empregaremos PAP.

instrucciones_instalacion_007

Activar interfaz de rede

Unha vez feito isto, ó activar o interfaz, este pedirá ó usuario os datos de autenticación:

instrucciones_instalacion_008

Debian GNU/Linux

En Debian GNU/Linux é necesaria a instalación do cliente wpasupplicant.

Mac OSX

Non é necesario instalar ningún software adicional.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies