Xornada alimentaria: “NOVAS TENDENCIAS EN ALIMENTOS: ESTRATEXIAS DIFERENCIAIS DO SECTOR CÁRNICO”
O Centro Tecnolóxico da Carne – CTC organiza a Xornada sobre “NOVAS TENDENCIAS EN ALIMENTOS: ESTRATEXIAS DIFERENCIAIS DO SECTOR CÁRNICO” o próximo xoves, 30 de Xuño ás 9:30 horas no Salón de Actos do CTC (Tecnópole – Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense)
A xornada ten unha duración de cinco horas (9:30 a 15:00 h.), incluído ao seu remate unha degustación de produtos galegos, entre os que se servirán produtos orixinados dende proxectos de I+D+i. A sesión está dirixida a empresas alimentarias e especialmente ás do sector cárnico, así coma a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as novas tendencias do sector alimentario.
Inscrición: xornada.alimentaria@ceteca.net
Expedirase Certificado de asistencia (previa solicitude)
Pódese descargar o programa completo da xornada AQUÍ