“FoWRSaP: Agro food waste recovery: New processing technologies for food safety and packaging (PCI2024-153498)

“FoWRSaP: Agro food waste recovery: New processing technologies for food safety and packaging (PCI2024-153498)

Entidades participantes:

• CBBC – Center of Biotechnology of Borj Cedria (Tunes)
• CNSTN – National Center for Nuclear Sciences and Technologies (Tunes)
• AUTH – Aristotle University of Thessaloniki (Grecia)
• UNIPI – University of Pisa (Italia)
• TU – Tarsus University (Turquía)
• METU – Middle East Technical University (Turquía)
• IPB – Instituto politécnico de Bragança (Portugal)
• UH2C – Université Hassan II de Casablanca (Marrocos)
• UNP-Oujda – Université Mohamed Premier, Oujda (Marrocos)
• CTC – Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (España)
• UMH – Miguel Hernández University (España)
• IPC – Centre Technique Industriel de la Plasturgie et des Composites (Francia)
• HU – The Hashemite University (Xordania)
• UB – University of Bejaia (Alxeria)
• VACPA (Tunes)
• Sté AGRI-LAND (Tunes)
• SURINVER EL GRUPO S. COOP (España)

Duración da axuda:

3 anos (01/6/2024 – 31/05/2027)

 

Financiamento:

Proxecto PCI2024-153498 (Agro food waste recovery: New processing technologies for food safety and packaging, FoWRSaP) financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033 e cofinanciado pola Unión Europea.

Orzamento:

127.500 € (de 1.652.349 € totais)

Convocatoria:

PRIMA Section 2 – Multi-Topic 2023. Topic 2.3.1 (RIA) – Assessing novel antimicrobial food packaging and coating materials to reduce food waste to improve safety in the Mediterranean food supply chain.

Resolución do procedemento de concesión directa de axudas do ano 2024, a proxectos de investigación seleccionados en convocatorias competitivas internacionais e accións concertadas internacionais de carácter científico-técnico, no marco das actuacións de «proxectos de colaboración internacional», do programa estatal para afrontar as prioridades da nosa contorna, do plan estatal de investigación científica, técnica e de innovación 2021-2023. 

Obxectivo principal:

O proxecto FoWRSaP representa unha iniciativa pioneira na intersección entre a sustentabilidade, a tecnoloxía alimentaria e a xestión de residuos. Situado na rexión mediterránea, onde a calidade e a vida útil dos alimentos enfróntanse a ameazas continuas, FoWRSaP procura revolucionar a industria agroalimentaria mediante unha aproximación multifacética.

FoWRSaP aborda os desafíos provocados polo deterioro microbiano, a degradación da calidade e a xeración de residuos, aproveitando materiais de envasado biodegradables innovadores, fabricados a partir de biopolímeros (quitosano e ácido poliláctico) e enriquecidos con compostos bioactivos derivados de subprodutos da oliveira e da datileira, así como do microbioma vexetal. Estes materiais non só son respectuosos co medio ambiente, senón que tamén melloran a conservación, a calidade e a seguridade dos alimentos.

O proxecto emprega técnicas de extracción verde de vangarda para obter compostos bioactivos valiosos, como axentes antioxidantes e antimicrobianos, melloradores da calidade organoléptica e pigmentos naturais, a partir de residuos agroalimentarios. Estes compostos, polas súas propiedades interesantes, constitúen a clave para estender de forma natural a vida útil dos produtos alimentarios. Ademais, FoWRSaP integra sistemas de envasado baseados en biosensores e tecnoloxías de nanosensores, que permiten a monitorización en tempo real dos produtos alimentarios durante o transporte e o almacenamento. Esta tecnoloxía capacita as persoas consumidoras para tomar decisións informadas sobre a calidade dos produtos.

O compromiso de FoWRSaP cos principios da economía circular é evidente na súa valorización dos subprodutos procedentes de diversas industrias agroalimentarias, contribuíndo á sustentabilidade ambiental e económica. A través de esforzos colaborativos con diferentes axentes, incluíndo PEMES, institucións de investigación e comunidades locais, FoWRSaP ten como obxectivo crear un ecosistema holístico que fomente o intercambio de coñecemento, a innovación e o desenvolvemento económico.

En resumo, o proxecto FoWRSaP concibe un futuro no que os residuos agroalimentarios se transformen en recursos valiosos, e no que os produtos alimentarios cheguen ás persoas consumidoras cunha vida útil prolongada, unha calidade mellorada e unha maior seguridade. Esta aproximación multifacética posúe o potencial de revolucionar a industria agroalimentaria ao tempo que promove a sustentabilidade e a responsabilidade ambiental.

Investigador responsable:

Miguel Fernández Rodríguez.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies