Proxecto GREINNOVA (Nexos 2025)

Proxecto GREINNOVA (Nexos 2025)

As entidades Conservas A Rosaleira, S.L., Lambetadas Mininolas, S.L. (MiniMelis), Mecapersan S.L., Innovacións Gastronómicas Flavio Morganti S.L. e o agricultor Avelino Santana, coa colaboración de ANFACO-CECOPESCA e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), resultaron beneficiarias dunha axuda concedida no marco da convocatoria Nexos 2025 da Axencia Galega de Innovación (GAIN), destinada a fomentar a cooperación entre pemes e axentes do sistema galego de innovación. O proxecto GREINNOVA conta cun orzamento total de 724.101,18 € e está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

O proxecto GREINNOVA ten como obxectivo impulsar a innovación na cadea de valor do grelo en Galicia, mediante o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e modelos produtivos avanzados que permitan transformar tanto o seu cultivo como o seu consumo.
Para iso, abordarase a integración de técnicas agronómicas innovadoras, procesos de valorización e novas aplicacións alimentarias, orientadas a mellorar a calidade do produto, a súa sustentabilidade e o seu posicionamento no mercado.

O consorcio reúne capacidades complementarias ao longo de toda a cadea agroalimentaria, desde a produción primaria ata a transformación e desenvolvemento de novos produtos, incorporando ademais o apoio de centros tecnolóxicos de referencia para garantir o rigor científico e a transferencia efectiva de resultados ao tecido empresarial.

Tras a recente resolución de concesión, o proxecto atópase en fase inicial de execución, iniciándose as actividades de coordinación do consorcio, planificación técnica e definición das actuacións e contornas de validación, que permitirán o desenvolvemento progresivo das actividades de investigación, desenvolvemento e innovación previstas en GREINNOVA.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies