Centro Tecnolóxico da Carne e Asogacarne organiza I Xornada de Calidade no sector cárnico
Centro Tecnoloxico da Carne (CTC) xunto coa Asociación Galega da Carne (Asogacarne) están a preparar unha Xornada Técnica de Calidade dirixida ao sector cárnico galego. Este evento pretende ser un foro de debate para o sector, conseguindo mellorar os estándares de calidade e en consecuencia a seguridade alimentaria.
Esta xornada celebrarase nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, en Ourense, o día 27 de maio de 16.00 a 20.00 h. Para asistir á xornada é necesario inscribirse previamente, no correo electrónico asogacarne@asogacarne.org antes do 22 de maio.
A asistencia é gratuíta, para máis información no tlf: 988 37 38 27//988 548 277.
Descargar ficha de inscripción – Avance Programa PDF