Centro Tecnolóxico da Carne presente en SALIMAT 2013
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), como entidade socia do Proxecto LAN PYMEXPORT estará presente na XVII edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT 2013, os días 13 ao 16 de xuño do 2013 en Silleda.Unha representativa mostra de empresas participantes no proxecto colaborará coa exposición dos seus produtos. O CTC xunto con outras entidades socias, ANFACO-CECOPESCA e CEL encargaranse de dinamizar o devandito stand e levar a cabo accións de sensibilización cos demais expositores da feira e axentes do sector que estean alí presentes.Ademais participarase nos encontros internacionais de negocio cos diversos importadores estranxeiros de alimentación cos cales se están a elaborar peches de axenda para as respectivas reunións.Esta é unha acción cofinanciada por fondos FEDER-UE a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.