OFERTA CONTRATO PREDOUTORAL NA FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE
Proxecto sobre coproductos agroalimentarios como fonte de compostos bioactivos para o desenvolvemento de produtos cárnicos funcionais, no marco da convocatoria de contratos predoutorais para a formación de doutores da Axencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia e Innovación).
Con data do 23 de decembro de 2022 publicouse o extracto da Resolución do 21 de decembro de 2022, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación (AEI), pola que se aproba a convocatoria do ano 2022 de axudas para contratos predoutorais:
- Resolución da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2022, das axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores contemplada no Subprograma Estatal de Formación do Programa Estatal para Desenvolver, Atraer e Reter Talento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023:
[Convocatoria ayudas contratos predoctorales_2022_]
- Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2022 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria do ano 2022 de axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (DOG nº 307, do 23 de decembro de 2022):
[BOE-B-2022-40156 – Extracto convocatoria]
Un dos proxectos susceptibles de recibir unha destas axudas desenvólvese na Fundación Centro Tecnolóxico da Carne: “Coproductos agroalimentarios como fonte de compostos bioactivos para o desenvolvemento de produtos cárnicos funcionais” (PID2021-123628OB-C41).
As axudas teñen como obxecto a formación de doutores mediante o financiamento de contratos laborais, baixo a modalidade de contrato predoutoral, a fin de que investigadores en formación realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación, cunha duración máxima de 4 anos.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 12/01/2023 ata o 26/01/2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
Podes atopar máis información na páxina web da AEI:
¡NON DEIXES PASAR A OCASIÓN E PRESENTA A TÚA CANDIDATURA!