Curso de benestar animal en matadoiros
A calidade e a seguridade alimentaria están cobrando unha crecente importancia nos últimos años, porque o consumidor demanda garantías sobre os distintos sistemas de cría e as condicións hixiénicas, sanitarias e de benestar animal, dos produtos que consume.
Por isto faise obrigatorio, dende o 1 de xaneiro do 2013 que todos os matadoiros teñan persoal cualificado en materia de benestar animal para matadoiros.
PROGRAMA DO CURSO
MÓDULO XERAL (10 horas)
- Introdución (1/2 hora)
a) A lexislación sobre benestar animal.
b) Razóns de formación en benestar animal.
c) Motivación do gandeiro.
2. Coñecemento dos animais (2 horas e ½)
a) Anatomía e fisioloxía das especies de animais de cría. Diferenzas que condicionan os distintos comportamentos e capacidades.
b) Comportamento animal. O comportamento segundo a especie, raza, idade e estado. Condicionantes anatómicos, sensoriais e outros que configuran o comportamento.
c) Fatiga e benestar animal. Adaptación. Concepto e importancia.
d) Saúde e enfermidade. Causas que predispón e determinantes da enfermidade. A hixiene e prevención como factores de benestar animal.
e) Rexistros das explotacións gandeiras.
f) Seguridade no traballo. Criterios de seguridade para o persoal que traballa con animais. A súa importancia e a súa relación co benestar animal.
3. Aspectos sociais do benestar animal. O benestar animal na Unión Europea e no mundo. (1 hora).
a) Relación home-animal. Aspectos sociais e relacións específicas.
b) O punto de vista da sociedade sobre o benestar animal.
c) O benestar animal como factor económico das producións. Repercusións da falta de benestar animal na produtividade e na calidade dos produtos animais. Calidade ética das producións animais.
d) Tendencias e perspectivas do futuro.
4. Aspectos do benestar animal. (4 horas).
a) Instalacións e equipamentos. Requirimentos para as distintas actividades e as distintas especies e momentos da produción.
b) Repercusións do contorno no benestar animal. Requirimentos.
c) Manexo, manipulación, contención dos animais e aplicación práctica dos coñecementos de comportamento animal. Conducións do rabaño.
d) Actuación ante una emerxencia: plans de continxencia en granxa, durante o transporte e no matadoiro.
e) Sacrificio de urxencia.
f) Métodos de mellora en benestar en explotacións, transporte e sacrificio.
g) A P.A.C. e o benestar. Criterios de condicionalidade.
h) Infraccións e sancións.
i) Proba de aptitude.
MÓDULO ESPECÍFICO (10 horas)
- Lexislación específica sobre protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza.
- A importancia do transporte e a descarga correcta e a condución dos animais.
- Aspectos estruturais dos matadoiros: plataformas de descarga, currais, sistemas de suxeición.
- Métodos de atordamento e sacrificio.
- Sacrificio por ritos relixiosos que non admiten o atordamento.
- Visita ou apoio con medios audiovisuais das prácticas realizadas nun matadoiro, a toda a liña, dende as plataformas de descarga ata o punto de sacrificio. Estudo das condicións de chegada de partidas de animais, condicións dos vehículos, aloxamento e condución dos animais, atordamento e sacrificio. Discusión e posta en común das experiencias.
- Matadoiros de ruminantes, aves, porcino e coellos.
- Puntos críticos.
- Prácticas e proba de aptitude.
DURACIÓN DO CURSO: Mínimo de 20 horas (de aí para arriba pódense facer máis segundo as necesidades da empresa)
PROFESORADO: Persoa coa titulación requirida para a impartición do curso.
ALUMNOS: Por ser un curso presencial, o número mínimo son 10 alumnos e o máximo deberá establecelo o profesor.
CUSTO DO CURSO: consultar
DATAS DO CURSO:
– 1ª Convocatoria: Marzo – Abril
– 2ª Convocatoria: Maio – Xuño
– 3ª Convocatoria: Xullo – Agosto
– 4ª Convocatoria: Setembro – Outubro
– 5ª Convocatoria: Novembro – Decembro