Curso de manipulador de alimentos
Un manipulador de alimentos é aquela persoa que se dedica profesionalmente a estar en contacto cos alimentos durante o seu transporte, almacenaxe, preparación, envasado, distribución e venda.
O labor dun manipulador de alimentos é extremadamente importante, pois é a primeira liña de defensa contra as infeccións e intoxicacións que poden producir os alimentos.
Por todo isto, a formación dun manipulador de alimentos é fundamental. É importante que o manipulador de alimentos estea familiarizado cos tipos de infeccións que poden producir os alimentos contaminados, e debe saber como evitar que os alimentos se contaminen antes de chegar ao consumidor e como distinguir os alimentos contaminados dos que non o están.
Este curso foi creado para proporcionar unha correcta formación en todos os aspectos indicados no parágrafo anterior e poder conseguir o certificado de formación. Sen embargo, queremos lembrar que a formación dun manipulador non remata nunca e son as empresas do sector alimentario as responsables de seguir formando e de controlar o nivel de coñecementos dos seus manipuladores. É por iso polo que o certificado de formación debe renovarse cada 4 anos.
PROGRAMA DO CURSO
- Introdución.
- Infeccións alimentarias de orixe bacteriana.
- Factores que inflúen nunha infección bacteriana.
- Prevención.
- Alimentos.
- 5.1. Recepción.
- 5.2. Almacenaxe o conservación.
- 5.3. Envasado.
- 5.4. Etiquetado.
- 5.5. Materiais e utensilios en contacto cos alimentos.
- Limpeza e hixiene.
- 6.1. Limpeza e desinfección de utensilios e instalacións e control de pragas.
- 6.2. Hixiene persoal.
- Puntos de control crítico e zonas perigosas.
- Lexislación.
DURACIÓN DO CURSO: 10 horas
PROFESORADO: Persoa con la titulación requirida para a impartición do curso.
ALUMNOS: Por ser un curso presencial, o número mínimo son 10 alumnos e o máximo deberá establecelo o profesor.
CUSTO DO CURSO: consultar.
DATAS DO CURSO:
– 1ª Convocatoria: Marzo – Abril
– 2ª Convocatoria: Maio – Xuño
– 3ª Convocatoria: Xullo – Agosto
– 4ª Convocatoria: Setembro – Outubro
– 5ª Convocatoria: Novembro – Decembro