Iniciativa eduroam.es
Nos últimos anos veñen tomando gran importancia as tecnoloxías relacionadas co acceso móbil a servizos, tanto desde o punto de vista da telefonía, como desde o punto de vista de acceso a servizos telemáticos que necesiten dunha conexión inalámbrica a una rede. Ademais do problema, puramente técnico, de conseguir unha conexión inalámbrica a Internet, xorden outros relacionados coa xestión de conexións móbiles e a xestión de usuarios que se moven entre organizacións.
eduroam.es é unha iniciativa englobada no proxecto RedIRIS que se encarga de coordinar a nivel nacional as iniciativas de diversas organizacións co fin de conseguir un espazo único de mobilidade a nivel nacional. Este espazo único de mobilidade consiste nun amplo grupo de organizacións que en base a unha política de uso e unha serie de requirimentos tecnolóxicos e funcionais, permiten que os seus usuarios poidan desprazarse entre elas, dispondo en todo momento de servizos móbiles que puideran necesitar. O obxectivo último sería que estes usuarios ó chegar a outra organización dispuxeran, da maneira máis transparente posible, dun entorno de traballo virtual con conexión a Internet, acceso a servizos e recursos da súa organización de orixe, así como acceso a servizos e recursos da organización que nese momento os acolle.
Obxectivos do proxecto eduroam.es:
- Coordinar a posta en marcha de infraestruturas de mobilidade na nosa comunidade, servindo de punto de encontro de problemas e solucións.
- Coordinar o desenvolvemento dunha política de uso co fin de crear un espazo único de mobilidade entre as nosas organizacións e compatible co desenvolvido a nivel europeo.
- Homologar as solucións tecnolóxicas a implantar nas diferentes organizacións coas acordadas a nivel europeo e internacional neste sentido.
- Traballar en solucións que axuden a difundir información sobre tipos de instalacións e información a nivel de organización sobre: modos de acceso, cobertura, etc.
- Informar de todos os temas relativos á mobilidade: guías de apoio, estándares, solucións (tanto propietarias como de libre distribución), etc.
- Promover novas solucións e iniciativas orixinadas en organizacións da nosa comunidade tanto dentro da nosa rede, como a nivel internacional.