[Actualizado] Fotos e contidos da Xornada de internacionalización do sector cárnico “A certificación veterinaria para a exportación”
Onte tivo lugar a Xornada de internacionalización do sector cárnico – “A certificación veterinaria para a exportación” cun excelente éxito de participación, onde os/as asistentes tiveron a oportunidade de escoitar de primeira man as experiencias dos profesionais do sector.
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación.
A continuación, podedes descargar as presentacións da xornada:
– Descargar ponencia 1: “O novo sistema de autocontrol específico para a exportación: aspectos prácticos para o sector cárnico” (Óscar Rodríguez Delgado)
– Descargar ponencia 2: “Participación dos servizos veterinarios oficiais de sanidade animal da Xunta de Galicia no novo esquema de certificación” (Jesús Javier Orejas)
– Descargar ponencia 3: “Participación dos Servizos Veterinarios Oficiais de Saúde pública da Xunta de Galicia no novo esquema de certificación” (Juan Soler Herrero)
– Descargar ponencia 4: “O papel dos organismos independentes de control. Proceso de certificación terceira parte do sistema de autocontrol específico “SAE” ” (Ileana Calixto)