Innovative digital tools applied to sustainable Meat Science and Technology Higher Education: a link between industry and academia – InnoMeatEdu
Innovative digital tools applied to sustainable Meat Science and Technology Higher Education: a link between industry and academia – InnoMeatEdu
Os días 4 e 5 de setembro de 2023 celebrouse en Agria, Volos (Grecia), a 2ª reunión transnacional do proxecto europeo InnoMeatEdu (KA220-HED Cooperation Partnerships Erasmus+), coordinada pola University of Thessaly. Ao encontro asistiron a Universidade de León (España), a University of Parma (Parma, Italia), a University of Warmia and Mazury (Olsztyn, Polonia), o Instituto Politécnico de Bragança (Portugal), a consultora 4obs Accounting and Consulting (Grecia), mentres que de forma remota participou o Centro Tecnolóxico da Carne (CETECA, Ourense, España). O Profesor sp. Karamanos, Vicerreitor de Relacións Internacionais, Divulgación e Educación Permanente da University of Thessaly, acolleu con satisfacción a reunión. Debido ás perigosas condicións meteorolóxicas que afectaron á zona durante o encontro, o socio asociado do proxecto Black pig of Olympus- Fotiadis Farm(farma-fotiadi) participou de forma remota, e a visita prevista a Farma Elassonas (farmaelassonas) foi posposta e os socios realizaron un percorrido virtual polas súas instalacións.
Durante a reunión aprobouse a finalización do 2º paquete de traballo, que versaba sobre a avaliación dos plans de estudo existentes, nas materias relacionadas coa ciencia da carne, nas universidades participantes, pero tamén sobre a captación da opinión da industria cárnica sobre as lagoas de formación do seu persoal tecnicamente cualificado. En base aos resultados anteriores, o equipo do proxecto confirmou a estrutura e os contidos da proposta para o desenvolvemento de material educativo dixital e innovador para estudantes, docentes e profesionais do sector cárnico. Más concretamente, o material dixital que se desenvolverá versará sobre a produción e procesamento da carne, a seguridade, a calidade e o emprendemento e a sustentabilidade no sector cárnico. O material será de libre acceso en forma de Cursos en liña a través dunha plataforma interactiva que se está desenvolvendo e estará dispoñible en varios idiomas. Ademais, durante a reunión validouse o programa de Aseguramento da Calidade do Proxecto, actualizáronse as accións de difusión e publicidade, e planificáronse os próximos pasos para o desenvolvemento do proxecto.
InnoMeatEdu baséase na cooperación de diferentes institucións académicas, centros tecnolóxicos e industrias, con empresas e organizacións relacionadas co sector cárnico, conectando á comunidade académica coa industria cárnica, inicialmente a través dos socios asociados e tamén a través da plataforma interactiva que actuará como ferramenta para a difusión de material educativo a todas as partes interesadas. Actualmente existen máis de 30 Socios Asociados, principalmente industrias e asociacións relacionadas coa carne e ciencia e tecnoloxía dos alimentos, dos países participantes. Máis información sobre o proxecto na web innomeatedu.com.