Instrucións e configuración
Instrucións
Datos da conexión
SSID: eduroam
Autenticación de rede: 802.1X (EAP-TTLS)
Cifrado: WPA + TKIP
Servizos Mínimos
Os servizos mínimos dispoñibles serán:
- Servizo IP Público – Asignación dunha dirección IP pública a cada usuario desplazado (roamed)
- Acceso a servizos de mensaxería instantánea, comunmente MSN e Skype
- Servizos da Rede – Acceso a Internet ós siguientes servizos da rede
- FTP (portos 20 e 21)
- HTTP (porto 80)
- HTTPS (porto 443)
- IMAP (porto 143)
- IMAP-SSL (porto 993)
- POP3 (porto 110)
- POP3-SSL (porto 995)
- SMTP e SMTP AUTH (porto 25)
- SSH (porto 22)
- SMTPS (porto 465)
- OpenVPN (porto 1194)
- PPTP (porto 1723)
Requisitos
Tarxetas cliente
As tarxetas clientes deben soportar WPA e TKIP.
Windows XP
Ademais do cliente para redes inalámbricas de Windows iniciado (Configuración inalámbrica rápida), é necesaria a instalación do software SecureW2
Windows XP Service Pack 1
En Windows XP con SP1 débense instalar os parches de Microsoft Q815485 e KB826942:
Windows XP Service Pack 2
Non é necesario instalar ningún parche adicional.
Instalación de Secure W2 3.0
A instalación de Secure W2 é moi sinxela, só hai que facer dobre click sobre o arquivo obtido. Unha vez instalado, pediranos que se reinicie o equipo.
Despois imos ás “Conexións da Rede” de Windows, pinchamos co botón dereito sobre a tarxeta de rede inalámbrica e seleccionamos “Propiedades”.
Seleccionamos dentro das opcións de configuración do interfaz inalámbrico a usar a pestana “Redes inalámbricas”.
A veces esta pode desaparecer en Windows XP, para que volva aparecer seleccionamos o interfaz e indicamos “Reparar esta conexión”.
Seleccionar a rede inalámbrica (SSID)
Seleccionar a rede inalámbrica a usar, se hai outras será necesario quitalas e engadir esta con SSID “eduroam”, que será o nome desta rede.
Indicar tipo de cifrado
Seleccionar para a rede escollida (eduroam) “Propiedades”, pulsando o botón correspondente.
Seleccionar cifrado con WPA e TKIP (RC4).
Indicar a autentificación a usar
Seleccionar como tipo de EAP Secure W2 e pulsar “Propiedades”, esto abre a ventá de configuración de Secure W2.
Seleccionar perfil en Secure W2
Seleccionar dentro deste o perfil a usar, se ten un creado por defecto, “DEFAULT”, aínda que pódense crear outros.
Seleccionar un perfil (usaremos “DEFAULT”) e configurar pulsando “Configure”
Indicar identidade externa
Como identidade externa pódese especificar “anonymous”, se se van ter varios usuarios, ou indicar de forma expresa a mesma que se usa dentro do túnel.
Indicar mecanismo de autentificación dentro do túnel
Dependendo da Universidade a que nos queramos conectar, haberá que empregar un mecanismo ou outro (PAP ou EAP). No caso de usuarios internos do CTC que queiran utilizar esta rede como rede wifi segura, empregaremos PAP.
Activar interfaz de rede
Unha vez feito isto, ó activar o interfaz, este pedirá ó usuario os datos de autenticación:
Debian GNU/Linux
En Debian GNU/Linux é necesaria a instalación do cliente wpasupplicant.
Mac OSX
Non é necesario instalar ningún software adicional.