Mesa de traballo “PROYECTO NUTRIGRUPS” no Centro Superior de Hostelería de Galicia
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organizou o pasado 1 de Xuño no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) a mesa de traballo para o desenvolvemento de produtos adaptados ás necesidades nutricionais de grupos poboacionais específicos, abarcando tódalas idades, dende os máis pequenos ata os máis maiores, no marco do “PROYECTO NUTRIGRUPS”.