O CTC participou na reunión de seguimento do proxecto GO-GRASS2BEEF (FEADER 2023/042B)
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) participou na reunión de seguimento do proxecto GO-GRASS2BEEF “Alternativas Innovadoras para unha carne de vacún máis sostible” (FEADER 2023/042B), que tivo lugar en Lugo. Xunto coas entidades socias Beealia e CIAM-AGACAL, avaliáronse os avances acadados ata o momento e definíronse as accións futuras de cara á próxima anualidade. Este proxecto, que busca reducir o consumo de concentrados e fomentar un maior uso de pastos e forraxes no cebo de tenreiros en Galicia, ten como obxectivo garantir a calidade do produto final e a rendibilidade das explotacións.