PRESENTACIÓN GRUPO OPERATIVO AGRIGGA CARNE – CETECA – MATADERO BAIXO MIÑO
O venres 10 de marzo, a Conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, presidiu o Acto de presentación da Asociación de produtores de Carne de Vacún Agrigga, celebrado en colaboración co CETECA.
A Conselleira deu seu apoio ao Grupo Operativo de Innovación para a “Optimización da produción de carne de tenreiros” constituido polos socios Agrigga Carne, Ceteca e Matadeiro Baixo Miño.
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural), mediante o programa de axudas para a creación de Grupos Operativos da AEI (Asociación Europea para a Innovación) en materia de productividade e sostenibilidade agrícola.