Proxecto PRECIGAL (Nexos 2025)

Proxecto PRECIGAL (Nexos 2025)

O proxecto PRECIGAL, centrado na agricultura de precisión en cultivos estratéxicos galegos, foi seleccionado nos convocatoria NEXOS 2025 da Axencia Galega de Innovación (GAIN), contando con financiamento no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027. O proxecto dispón dun orzamento total de 1.037.751,31 € e unha axuda concedida de 594.359,16 €, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O consorcio do proxecto está liderado por Sertogal, S.L. e está composto por Avelino Santana, Comercial Agrícola Guerra, S.L., Innebo Enxeñería, S.L., José Antonio Marra Bolaño e Veiga Bella, S.L., vinculada á adega Ramón do Casar, entidades que achegan capacidades complementarias no ámbito agrario, tecnolóxico e de xestión, contando ademais coa colaboración da Universidade de Vigo e do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).

PRECIGAL ten como obxectivo o desenvolvemento e validación de ferramentas de agricultura de precisión mediante o uso de tecnoloxías como a sensorización, a teledetección, o uso de drons e a análise de datos, orientadas a optimizar o uso de insumos,
mellorar a eficiencia produtiva e avanzar cara a modelos agrícolas máis sostibles e dixitalizados.

Tras a resolución de concesión, o proxecto atópase en fase inicial, iniciándose os traballos de coordinación do consorcio e a planificación técnica das actividades que se desenvolverán no marco do proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies