REF.SER.-2022/01 – Contratación da explotación dunha parcela da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne
[11/03/2022]
CONTRATACIÓN DA EXPLOTACIÓN DUNHA PARCELA ADSCRITA Á FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE
(Expediente REF.SER.-2022/01)
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne solicita a presentación de ofertas para a contratación da explotación dunha parcela adscrita á Fundación Centro Tecnolóxico da Carne de acordo coas condicións establecidas no Prego de Condicións que rexe a presente contratación.
O prazo para a presentación de proposicións é de dez días naturais a partir da publicación deste anuncio, rematando o día 21 de marzo do 2022.