Workshops para a Internacionalización – LAN PYMEXPORT
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), como entidade socia do Proxecto LAN PYMEXPORT organizará e celebrará nas súas instalacións, “10 Talleres de traballo para a Internacionalización (Workshops)” os días 13 e 14 de novembro.
Os talleres estarán dirixidos a todas aquelas PEME do sector agroalimentario e afíns interesadas na internacionalización dos seus produtos a través das novas tecnoloxías (TIC).
O obxectivo dos Workshops é proporcionar as claves e ferramentas que axuden ás empresas a impulsar as súas vendas no exterior, e ver a súa aplicación práctica dentro do proxecto Lan Pymexport.
Os talleres impartiranse de forma GRATUÍTA e abordarán o seguinte programa:
1. Taller 1: Selección de mercados
2. Taller 2: Análise da competencia
3. Taller 3: Análise de clientes e canle de distribución
4. Taller 4: Posicionamento de marca
5. Taller 5: Plataforma de promoción e Trading virtual
Os mesmos 5 talleres se repetirán en dous días consecutivos en cada unha das localidades (Lugo, Vigo, Ourense e Braga), podendo elixir o participante unha das dúas datas á súa conveniencia, así como a localidade. Por outra parte, poderá participar en todos ou ben nalgún dos talleres, segundo o seu interese e dispoñibilidade (folleto workshops):
. Lugo: 11 e 12 de novembro
. Ourense: 13 e 14 de novembro
. Vigo: 18 e 19 de novembro
. Braga: 20 e 21 de novembro