GALXURRO – Plan de xestión agronómico sostible para os xurros porcinos galegos

“GALXURRO – Plan de xestión agronómico sostible para os xurros porcinos galegos” (FEADER 2023/002B)

Entidades participantes:

COOPERATIVAS OURENSANAS, S. COOP. GALEGA; FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE; ROBERTO NIETO LIMIA; JOSÉ ANTONIO NIETO LIMIA e VEIGA BELLA, S.L.

Duración:

2023 – 2026.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

167.556,00 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Convocatoria:

Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).

Obxectivo Principal:

A finalidade do proxecto innovador que se vai realizar será é o deseño e implantación dun sistema sustentable para a xestión dos residuos orgánicos xerados nas explotacións porcinas intensivas galegas desde a perspectiva da economía circular empregándoos durante todo o ciclo de vida de determinados cultivos. A execución deste proxecto permitirá desenvolver unha estratexia para desestacionalizar o manexo do xurro de porco adaptándoo ás necesidades do solo, incluíndo innovacións técnicas durante a propia aplicación destes aboamentos orgánicos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies