SUEROVAL – Revalorización do soro de queixería lácteo para a obtención dun ingrediente de alto valor 100% natural e a elaboración dunha nova gama de produtos alimentarios

“SUEROVAL – Revalorización do soro de queixería lácteo para a obtención dun ingrediente de alto valor 100% natural e a elaboración dunha nova gama de produtos alimentarios” (FEADER 2023/037B)

Entidades participantes:

QUEIXOS CASTELO DE BRAÑAS, S.L.; FEUGA; FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE; TRASDEZA NATUR, S. COOP. GALEGA; e AMARELANTE, S. COOP. GALEGA.

Duración:

2023 – 2026.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

179.340,00 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Convocatoria:

Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).

Obxectivo Principal:

O obxectivo xeral de SUEROVAL é a deshidratación sustentable de soro lácteo para a obtención dun aditivo de alto valor a incorporar na receita de elaboración de tres produtos destinados a alimentación humana combinándoo con fariña de castaña: barras enerxéticas, copos e snacks. Por outra banda, conseguirase reducir o volume de soro de queixería que é necesario xestionar como residuo, ao valorizalo como ingrediente alimentario.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies