Grass2Beef – Alternativas innovadoras para unha carne de vacún máis sostible

“Grass2Beef – Alternativas innovadoras para unha carne de vacún máis sostible” (FEADER 2023/042B)

Entidades participantes:

BEEALIA, S.C.; FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE; OVIDIO ÁNGEL MÉNDEZ RODRÍGUEZ; GANADERÍA FACOMAR, S.C.; e ANDRÉS FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.

Duración:

2023 – 2026.

Financiamento:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Xunta de Galicia.

Orzamento:

148.643,37 €. Axudas convocadas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para o ano 2023 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Convocatoria:

Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B). (DOG nº 141, do 26 de xullo do 2023).

Obxectivo Principal:

O obxectivo principal do proxecto é establecer sistemas produtivos alternativos aos convencionais cun menor consumo de concentrados e unha maior utilización de pastos e forraxes. Isto preténdese alcanzar sen que a calidade do produto final diminúa e sen que a rendibilidade das explotacións quede condicionada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies